Un destino ben situado

Queremos axudarche a que planifiques e goces da túa estadía connosco. Desde como chegar, as opcións de transporte público ou as zonas de estacionamento.

Como chegamos? O concello de Poio posúe un emprazamento ideal dentro de Galicia para gozar das Rías Baixas, a menos dunha hora de dous aeroportos (Vigo e Santiago), conectado á autoestrada AP-9 e a menos de dez minutos das estacións de tren e buses da cidade de Pontevedra. Mesmo é posible chegar por vía marítima ao porto deportivo de Combarro.

A principal arteria de comunicación, a estrada costeira PO-308, comeza en Ponte da Barca (Pontevedra) e pasa por Poio en dirección a Sanxenxo, O Grove e A Toxa. Un dos espazos máis turísticos de Galicia.

A continuación, detallamos COMO CHEGAR desde as principais cidades de Galicia:

Por aire:

O aeroporto de Vigo atópase a só 30 minutos pola autoestrada AP-9.

O aeroporto de Santiago a menos dunha hora de distancia, tamén seguindo a AP-9.

Por terra:

Desde SANTIAGO DE COMPOSTELA (65 km).
Por autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra, continuando posteriormente pola PO-308 ata Poio.

Desde A CORUÑA (133 km).
Chégase pola autoestrada AP-9 a Pontevedra e desde alí continuamos pola PO-308 ata Poio.

Desde LUGO (163 km).
Autoestradas: A-54 en dirección a Santiago e continuamos por AP-9 en dirección Pontevedra e terminamos coa PO-308 ata Poio.

Desde OURENSE (120km).
Autoestradas: AP-52 dirección Vigo e logo AP-9 en dirección Pontevedra para enlazar coa PO-308 ata Poio.

Desde VIGO
Vigo atópase a algo máis de 30 km, e está unido a Pontevedra pola autoestrada AP-9. Unha vez máis, teremos que tomar a PO-308 para chegar ao noso destino en Poio.

Por mar:

O municipio de Poio conta con tres portos pesqueiros, nas parroquias de Raxó, Campelo e Combarro. Esta última parroquia ten ademais un porto deportivo de recente construción.

CÓMO MOVERSE

Podedes consultar na páxina Transportes Públicos de Galicia os horarios de liñas de buses actualizados que transcorren polo concello de Poio.

ONDE APARCAR

Utiliza o noso mapa interactivo que che levará ao momento seleccionado ao pulsar na frecha situada na parte superior dereita porque te leva directamente a Google Maps. Así de sinxelo!

Aínda que vos podemos axudar cos espazos para estacionar dispoñibles nas parroquias de Poio:

      • Aparcamento en San Salvador (Parque Ánkar, Praia de Lourido)
      • Aparcamento en San Xoán (A Seca)
      • Aparcamento de Combarro (Paseo de As Redeiras, Parking Club Náutico de Combarro (pago) e exterior do Colexio Público de Chancelas)
      • Aparcamento en Samieira (contorna da igrexa parroquial)
      • Aparcamento en Raxó (contorna da igrexa parroquial e do Centro Cultural Xaime Illa)

Outra posibilidade é o aparcamento público de autocaravanas da Seca localizado nunha zona recreativa pegada ao mar.