Novo horario de visitas da Casa Museo de Colón

O Museo de Cristóbal Colón en Portosanto (San Salvador) amplía o seu horario de apertura e a súa oferta de actividades. A Casa Natal do navegante poderá visitarse a partir deste fin de semana e ata a finais de outubro en horario ininterrumpido até as 19:00 horas, agás os martes, que abrirá polas mañás. Os luns permanece pechado. A entrada ao Museo é gratuíta. O aparcamento recomendado é o aparcadoiro municipal gratuíto en Camiño das Bocas, a menos de 250 m. Localización: https://goo.gl/maps/7B6Du2tGzFWC7T4R8

As redes sociais do Museo publican puntualmente as novidades en actividades e eventos:

https://www.facebook.com/CasamuseoCristobalColon/

https://www.instagram.com/museocolonpoio/

https://twitter.com/MuseoColon

O Museo, tamén coñecido como A Casa da Cruz, acolle a exposición permanente “Colón Galego”, ademais de outras pezas entre as que sobresae a réplica da carta náutica de Juan de La Cosa de 1500. A visita pode completarse achegándose  ao Bosque de Colón, un espazo natural de 500 secuoias rojas californianas que o goberno dos Estados Unidos agasallou a Poio para conmemorar o V Centenario da chegada do navegante a terras americanas, nos terreos da Comunidade de Montes de San Xoán. Localización: https://goo.gl/maps/unVqKSPcNKw6EEH8A