
Toda a veciñanza, familias enteiras dende os maiores e os nenos e nenas, congréganse na noite do sábado 18 e domingo 19 de xuño nas rúas de Combarro para participar na confección das alfombras florais que con motivo da festividade do Corpus Christie decoran e engalanan as rúas da vila.
As alfombras florais son unha costume moi arraigada cunha longa historia e unha duración efímera. O traballo minucioso, voluntario e desinteresado dos veciños e veciñas lucirá enchendo Combarro de color, vistosidade e tradición durante apenas unhas horas. Aprovéitaas e vive o Corpus en Combarro!