As oficinas de turismo acollen a exposición “Fotoxornalismo: Combarro na prensa local”

A iniciativa, organizada pola Asociación A Solaina e a Concellaría de Turismo do Concello de Poio, enmárcase na conmemoración do 50 aniversario da declaración de Combarro como Conxunto Histórico Artístico

A exposición, que poderá visitarse ata o 31 de agosto, recolle unha escolma dos traballos des profesionais de Diario de Pontevedra, Pontevedra Viva, Faro de Vigo e La Voz de Galicia.

Esta mostra de fotografías da vila mariñeira estará exposta simultáneamente nas sedes das oficinas de información turística do concello de Poio:

      • A oficina de Turismo de Combarro acolle as fotografías de Gustavo Santos, de Faro de Vigo, e Mónica Patxot, Cristina Saiz e Diego Torrado, do xornal dixital Pontevedra Viva.
      • O Casal de Ferreirós, en San Salvador, amosa os traballos de Rafa Fariña e Gonzalo García, de Diario de Pontevedra, e Ramón F. Capotillo Cuadrado e Ramón Leiro Darriba de La Voz de Galicia.

A exposición é de acceso libre e gratuíto, no horario de atención das oficinas de información turística. Na segunda quincena de agosto, alternarase a localización da exposición.