
-
A MULLER NO MAR – Faladoiro e visita ao Museo. O coloquio de entrada libre e gratuíta terá lugar este sábado 27 de agosto, a partir das 11h 30 no Casal de Ferreirós.
-
O Faladoiro afondará sobre a tradición e a importancia do traballo das mulleres na Ría de Pontevedra. Seguidamente, realizarase unha visita á Casa Museo de Colón en Portosanto.

A MULLER NO MAR – Faladoiro e visita ao Museo. O coloquio celebrarase este sábado 27 de agosto, a partir das 11h 30 no Casal de Ferreirós. “A Muller no Mar: As Mulleres na Ría de Pontevedra” afondará na vinculación das mulleres co mar e as tarefas que tradicionalmente desempeñaron. Xunto coa actualidade do seu traballo, de grande importancia para a cultura mariñeira, serán os temas de partida do faladoiro.
A Asociación Mulleres do Mar de Poio colabora coa Casa-Museo de Colón no proxecto de dinamización deste espazo, abordando nesta xornada a importancia de colectivos como as mariscadoras na nosa historia e na economía da contorna da Ría de Pontevedra, nomeadamente no noso municipio. Falaremos tamén sobre as experiencias de turismo mariñeiro que as integrantes da asociación levan a cabo para concienciar ás persoas visitantes da necesidade de respectar o noso entorno natural, e dar a coñecer e poñer en valor o traballo que desempeñan.
Teremos a oportunidade de compartir a experiencia coas integrantes da Asociación de Mulleres e coñecer máis sobre o seu traballo.
Unha vez finalizada a charla-coloquio, realizarase unha visita á Casa-Museo de Colón en Portosanto. Poderemos coñecer o espazo no que se divulga a teoría da procedencia galega do navegante, as súas orixes e a súa vinculación co mar.
A asistencia ao faladoiro é gratuíta e non precisa de inscrición previa, xa que é libre ata completar aforo. No financiamento do proxecto de dinamización do Museo de Colón do Concello de Poio participan o GALP Ría de Pontevedra, a Consellaría do Mar e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.
Rede REMA
O Museo de Colón forma parte da rede REMA (Rede de Espazos Museísticos Atlánticos). O proxecto de dinamización pode seguirse nas redes sociais do Museo, en Facebook CasamuseoCristobalColon, en Instagram museocolonpoio e Twitter MuseoColon
REMA é unha rede de espazos museísticos que pretende articular desde unha perspectiva horizontal e igualitaria a todos os espazos con contido museístico existentes no arco atlántico. O seu obxectivo é reforzar a oferta destes espazos así como a súa promoción e atractivo de cara ás persoas locais e turistas que os visiten.