Areais recolleitos aptos para o baño
O municipio de Poio é lugar de parada obrigatoria no roteiro que une a cidade de Pontevedra e a comarca do Salnés. O seu clima atlántico, característico das Rías Baixas, vese favorecido pola influencia cálida das correntes mariñas e resulta ideal para as actividades de lecer vinculadas ao mar. A posición do municipio no interior da ría de Pontevedra outórgalle ademais á súa costa un carácter recolleito e protexido das inclemencias do tempo. Un territorio con areais de características moi variadas e perfectamente aptos para o baño.
Lourido
Tamén denominado A Polvoreira ou O Polvorín, posúe 700 metros de lonxitude e diferentes servizos como aparcamento, aseos, duchas, papeleiras, acceso para persoas con mobilidade reducida e servizos de restauración próximos. Conta ademais cun extenso paseo marítimo.
A Cabeceira
Praia de 220 metros de lonxitude con servizos de socorrismo, aparcamento, duchas, papeleiras, quiosco, acceso para persoas con mobilidade reducida, área de piñeiral e servizos de restauración próximos. Conta con paseo marítimo e bandeira azul.
Campelo
Praia de 75 metros de lonxitude situada na contorna semiurbana de Campelo, á beira do porto. Posúe servizo de duchas, papeleiras e restaurantes nas proximidades.
Area da Seca
Pequeno areal de 45 metros de lonxitude situado á beira da área de autocaravanas da Seca. Ten acceso para persoas con mobilidade reducida e está permitido o acceso con cans.
Ostreira
Praia de 90 metros situada na contorna rural enfronte do Illote dos Ratos. Acceso a través dunha pequena pista asfaltada e do sendeiro litoral de Poio.
A Pinela
Areal de 150 metros de lonxitude situado ao leste do conxunto histórico de Combarro e contiguo á praia do Padrón.
O Padrón
O Padrón é a praia do conxunto histórico de Combarro. Ten uns 270 metros de lonxitude e conta con servizos de restauración nas proximidades.
A Canteira
Pequena praia de 75 metros de lonxitude e forma triangular situada na contorna urbana de Combarro, á beira do peirao da Canteira. Está delimitada por un paseo marítimo e conta con servizos de aparcamento, duchas, papeleiras e acceso para persoas con mobilidade reducida.
Chancelas Pequena
Areal de 140 metros de lonxitude situado nunha contorna semiurbana. Conta con duchas, papeleiras e unhas excelentes vistas panorámicas da illa de Tambo. Hai servizos de restauración nas proximidades.
Chancelas
Praia de 140 metros de lonxitude, resgardada dos ventos e situada nunha contorna semiurbana. Conta con duchas, papeleiras, quiosco e restaurantes nas proximidades. Contigua á denominada como Praia Pequena de Chancelas.
Ouriceira
Praia de 100 metros de lonxitude situada nunha contorna semiurbana resgardada dos ventos. Conta con diferentes servizos como aparcamento, duchas, papeleiras. Existen restaurantes nas proximidades.
Area da Barca
Praia de 70 metros de lonxitude integrada nunha contorna urbana. Conta con aparcamento, duchas, papeleiras e acceso para persoas con mobilidade reducida. Existen establecementos de turismo rural nas proximidades.
Covelo
Areal de 80 metros de lonxitude situado nunha contorna semiurbana, á beira do peirao de Covelo. Conta con aparcamento, duchas, papeleiras e acceso para persoas con mobilidade reducida. É unha praia recollida e resgardada de ventos e correntes. Existen servizos de aloxamento nas proximidades.
O Caeiro
Pequeno areal de 50 metros de lonxitude orientado ao sur, moi resgardado e con acceso a través dunha pista de terra. Existen servizos de aloxamento nas proximidades.
Samieira e Laño
Praias que forman un único areal de 400 metros de lonxitude, situadas nunha contorna rural. Contan con aseos, duchas, papeleiras e servizos de restauración nas proximidades.
Fonte Maior
Areal de 70 metros de lonxitude situado nunha contorna rural. Conta con duchas, papeleiras e existen servizos de restauración nas proximidades.
Sinás
Praia de 80 metros de lonxitude situada nunha contorna semiurbana, nas proximidades do porto de Raxó. Conta con duchas, papeleiras, accesibilidade para persoas con mobilidade reducida e servizos de restauración nas proximidades.
Raxó
Praia de 180 metros de lonxitude situada nunha contorna urbana, no lado leste do porto de Raxó. Conta con servizos de aparcamento, duchas, papeleiras e acceso para persoas con mobilidade reducida. Existen servizos de aloxamento nas proximidades.
Xiorto
Praia de 400 metros de lonxitude situada nunha contorna urbana no lado oeste do porto de Raxó. Conta con servizos de aparcamento, duchas, papeleiras, acceso para persoas con mobilidade reducida, salvamento e socorrismo. Existen servizos de aloxamento nas proximidades.
Area da Illa
Praia da illa de Tambo, que se atopa unida ao areal de Adreira. A única forma de acceder a ela é con embarcación.