
- Este evento pasou.
Combarro enche as rúas de arte floral
Xuño 18, 2022 @ 11:30 p.m. - Xuño 19, 2022 @ 10:30 p.m.

Toda a veciñanza, familias enteiras dende os maiores e os nenos e nenas, congréganse na noite do sábado 18 e domingo 19 de xuño nas rúas de Combarro para participar na confección das alfombras florais que con motivo da festividade do Corpus Christie decoran e engalanan as rúas da vila.