
- Este evento pasou.
Visitas teatralizadas ao Bosque de Colón
Xullo 20, 2022 - Xullo 21, 2022
De balde
Tres sesións de visitas teatralizadas, nas tardes do 20 e o 21 de xullo, ás 20:30 horas, e o 1 de setembro ás 19:00 horas. Leucoíña Pasea guíanos polo espazo natural do Bosque de Colón para descubrir as pegadas de Cristovo Colón en Poio, as probas da orixe galega do navegante máis universal e a historia tralas impresionantes secuoias californianas na Comunidade de Montes de San Xoán.
A actividade é de balde, indicada para maiores de 6 anos. Recoméndase traer toalla ou manta de viaxe. Punto de encontro no Bosque de Colón. Inscrición en turismo@concellopoio.org indicando:
-
-
- Nome e apelidos da persoa responsable do grupo
- Idades das persoas participantes
- Data da sesión na que desexa inscribirse: 20, 21 de xullo ou 1 de setembro 2022
- Teléfono de contacto.
-
Máis información nos teléfonos 986 833 204 ou 986 770 001 Ext. 1312/1315.

