Unha parte de América en Poio

O bosque de Colón é un singular espazo natural, un pequeno anaco de América creado en 1992 para conmemorar a chegada de Colón a América. Integrado por unha plantación de 500 sequoias vermellas ou californianas (Sequoia sempervirens), sitúase na ladeira sur do Monte do Castro, propiedade da Comunidade de Montes de San Xoán.

O bosque é un proxecto de colaboración entre os Estados Unidos e o Estado español. Para a plantación de sequoias a Columbus Grove Gift Corporation, e a Organización xuvenil 4-H organizaron unha expedición de 24 escolares americanos de entre 15 e 18 anos, xunto a outros tantos mozos de Poio escollidos polo municipio e a comunidade de montes.

Folleto
Como chegar

O empeño dun investigador

O artífice deste bosque foi o profesor da Universidade de Arizona John Harmon McElroy, que nos anos 60 estivo a investigar en Galicia acerca das orixes galegas de Cristóbal Colón. Da súa man e a súa implicación xurdiu a iniciativa lexislativa que propiciou a creación deste parque.

Unha árbore milenaria

As sequoias vermellas son as coníferas máis altas, podendo alcanzar os 155 metros de altura e case 8 metros de diámetro. Poden ser tamén moi lonxevas, chegando algúns exemplares aos 2.000 anos de idade.