![Visitas teatralizadas ao Museo de Colón](https://turismopoio.com/wp-content/uploads/2022/06/01_casamuseo_casa_colon-3-e1655648893574-1200x800.jpg)
Visitas teatralizadas ao Museo de Colón
Tres sesións de visitas teatralizadas, nas mañás do 18, 19 e 20 de agosto, ás 11:30 horas. Leucoíña Pasea descúbrenos a Casa Natal de Cristovo Colón, que contén as probas da orixe galega do navegante máis universal. A actividade é de balde, indicada para maiores de 6 anos. Punto de encontro no Museo de Colón en Portosanto. Inscrición en turismo@concellopoio.org. Máis información nos teléfonos 986 833 204 ou 986 770 001 Ext. 1312/1315