Dentro das actividades de turismo activo que podemos realizar en Poio é indispensable mencionar servizos náuticos que ofrece o moderno Porto Deportivo de Combarro, o Club Náutico de Raxó e as experiencias de marisqueo ofrecidas pola Asociación de Mulleres do Mar de Poio.

Asociación Mulleres do Mar de Poio

A ría de Pontevedra foi desde sempre un dos piares da economía local. Os case 20 quilómetros de litoral forxaron o carácter de Poio, definen a súa paisaxe e ofrécennos os produtos estrela da nosa gastronomía: peixe, mexillóns, ameixas… manxares que chegan ao noso prato grazas ao labor que os homes e mulleres do mar de Poio levan desempeñando durante séculos.

Coas experiencias de turismo mariñeiro coñeceremos de primeira man o traballo das mariscadoras, participando nunha xornada na ribeira.

Experiencia marisqueo:

Desde as praias (os ameixales) do Padrón ou A Seca, acompaña ás mariscadoras para distinguir os diferentes tipos de bivalbo, as técnicas de extracción, os aparellos utilizados, o proceso de clasificación no punto de control…

Experiencia lonxa:

Visita explicada para coñecer a dinámica da Lonxa de Campelo e asistir a unha sesión de poxa do peixe e marisco.

Contacta para concertar datas e horarios:

Asociación Mulleres do Mar de Poio: 622844080 / 646506529.

Porto Deportivo de Combarro

En servizo desde 2008, as instalacións náuticas do porto deportivo de Combarro contan cun total de 334 prazas de amarre en pantalán flotante, con finger, subministración de auga e de electricidade individual.

No ano 2012 o porto deportivo de Combarro foi galardoado co premio Jack Nichol á excelencia no deseño de mariñas, por constituír un exemplo de integración urbana e ambiental.

Desde o ano 2017, o porto deportivo de Combarro é a primeira mariña en España certificada con “5 Gold Anchor” por The British Yacht Harbour Association (TYHA). Esta distinción acredita o nivel cinco estrelas tanto das instalacións como dos servizos e atención aos usuarios da mariña que enumeramos a continuación:

      • Aparcamiento subterráneo.
      • Control de accesos ao pantalán
      • Suministro de combustible.
      • Guindastre e travel lift.
      • Wifi en atracadas
      • Edificio de servizos náuticos

Información de Contacto de Mariña Combarro.

Enderezo: Paseo das Redeiras s/n, Porto Deportivo de Combarro, Edificio de Capitanía. 36993 Combarro – Poio (Pontevedra)

Teléfono: Oficina – 34 986 778 415 / Marinería – 34 607 427 726

Correo: comercial@combarromar.com

Páxina web: www.combarromar.com

Porto de Raxó

Pequeno porto mariñeiro situado na parroquia de Raxó, entre as praias de Raxó e Xiorto.

Coordenadas: 42º 24′ 10.0″ N – 8º 45′ 18.0″ W

Enderezo:  Igrexa, 18. Raxó 36992

Teléfono: 986 741 344

Fax: 986 741 034

Páxina web: www.portosdegalicia.gal

Porto de Campelo

Pequeno porto mariñeiro situado na localidade de Campelo.

Coordenadas: 42°25’37.9″N 8°41’12.6″W

Enderezo: Campelo, San Xoán de Poio 36994

Teléfonos: 986 721 103 / 669 898 693

Páxina web: www.portosdegalicia.gal

Lonxa de Campelo

Edificio público onde as/os pescadoras/es e mariscadoras/es sacan á poxa os seus produtos a compradores almacenistas. Pódese visitar de maneira guiada coa Asociación Mulleres Mar de Poio.

Coordenadas: 42°25’37.0″N 8°41’09.5″W

Enderezo: Porto de Campelo, s/n. San Xoán de Poio 36994

Teléfonos: 986 771 437

Correo: lonxadecampelo@gmail.com

Horario de poxa: marisco ás 17:00 e peixe ás 18:00 h.

Asociación Club Náutico de Raxó

Coordenadas: 42°24’11.2″N 8°45’17.4″W

Servizos: Cursos de vela, windsurf e paddlesurf.

Enderezo: Peirao de Raxó, Raxó 36992

Teléfono: 688 962 088

Páxina web: www.clubnauticoraxo.com

Actividades: cursos de vela, cursos de windsurf, aluguer de kaiak, paddleboard, motos de auga e flyboard.