O descubrimento de Colón

O museo ofrece un percorrido polas diferentes hipóteses que apoian a orixe galega de Colón, desde os primeiros traballos de finais do século XIX de Celso García de la Riega ata os estudos máis recentes. Os principais argumentos son a toponimia galega empregada na xeografía do descubrimento; a linguaxe utilizada por Colón nos seus escritos, con abundantes xiros típicos do sur de Galicia e a presenza dos apelidos Colón e Fonterosa (apelido materno) nas terras de Pontevedra da época.

Folleto
Como chegar

O complexo configúrase arredor de 3 edificios: dúas antigas casas rehabilitadas, vinculadas á familia Colón e identificadas como casa natal do navegante, e unha construción de nova creación. O espazo museístico, tamén coñecido como A Casa da Cruz, acolle unha exposición permanente onde a través de pantallas, maquetas, bibliografía e vídeos se ofrece ampla información sobre a figura do navegante.

Unha carta náutica do 1500

A casa museo conta cunha réplica da nave Santa María e tamén se exhibe o documental “Pontevedra, cuna de Colón”, realizado en 1927 polo cineasta Enrique Barreiro cunha pioneira técnica de coloreado, o cinecromo.  Aínda que, sen dúbida, a peza máis destacada é unha réplica a tamaño real (93 por 183 centímetros) da carta náutica debuxada no ano 1500 polo navegante Juan de la Cosa.

Un museo en rede

A casa museo de Colón está integrada na Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA), especializada en contidos relacionados coa cultura mariñeira, xunto a outros 34 centros galegos e portugueses (https://www.redrema.eu/museo-casa-colon-poio-2/).

Para ampliar información sobre os contidos e a teoría do Colón de Poio, visita o blog da Casa Museo.

Praza de Cristóbal Colón, S/N. Portosanto. 36163 San Salvador de Poio. C8JR+3Q

Horarios ata finais de novembro

** ATA NOVO AVISO O MUSEO PERMANECERÁ PECHADO**

Teléfonos: 986 187 172 /986 833 204/Tel. 986 770 001 ext. 1314

Correo: museocolon@concellopoio.gal

Redes sociais:

Facebook @CasamuseoCristobalColon

Instagram @museocolonpoio

Twitter @MuseoColon